Mobile Week 2019

Inés Rey ve na Mobile Week unha oportunidade de futuro

O evento terá lugar na semana do 25 de novembro e espérase que aumente o número de participantes con respecto ao ano anterior.

A Coruña, 28 de Xuño de 2019. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o edil de Réxime Interior, José Manuel Lage, mantiveron un encontro co presidente do Club Financiero, Mariano Gómez-Ulla, e cun dos impulsores da Mobile Week Coruña, Carlos Grau, co fin de abordar un dos máis significativos encontros tecnolóxicos que se celebran na cidade.

O evento terá lugar na semana do 25 de novembro e espérase que aumente o número de participantes con respecto ao ano anterior.

Rey agradeceu ao Club Financiero a explicación achegada sobre este encontro tecnolóxico, que debe axudar a posicionar á cidade como un referente na súa aposta polas novas tecnoloxías, e como un espazo incomparable para acoller todo tipo de congresos, un dos eixos que desde o goberno local queremos priorizar"

Asegurou que o seu goberno apoiará este tipo de iniciativas que deben converterse en referentes do mundo tecnolóxico e que teñen que consolidarse no tempo, "porque será bo para o sector empresarial, bo para o turismo e bo para a cidade".