Xornada: Os Incentivos Fiscais ao I+D+I e á Explotación de Intanxibles

Publicada el 04/06/2015

A reforma das principais figuras tributarias que entrou en vigor no ano 2015 elimina no Imposto sobre Sociedades e no IRPF para empresarios individuais a maior parte das vantaxes que en base ou en cota as sociedades e os empresarios tiñan, a cambio da redución nominal dos tipos de gravame.

Non obstante en materia de innovación amplíanse e melloran tecnicamente os incentivos existentes, de modo que é maior o abano de potenciais destinatarios da vantaxe e por iso é conveniente coñecer en que medida os diferentes axentes económicos poden gozar de vantaxes que hoxe lles están a pasar desapercibidas.

Así mesmo dótase o empresario de seguridade xurídica na súa aplicación mediante un proceso específico de determinación e cuantificación en interlocución coa Administración Tributaria. Así mesmo se prevé a posibilidade de anticipación nos seus efectos mediante a monetización da dedución, de modo que non é precisa a existencia de cota positiva para beneficiarse do incentivo.

Por todo iso é de sumo interese o coñecemento desta posibilidade tanto no relativo ao seu ámbito de aplicación coma nos aspectos procedementais para levala a cabo.

 

Programa

9:30 h:       Recepción de asistentes.

 

10:00 h:     Presentación e introdución ao programa Re-Acciona do IGAPE

 

        ·    Norberto Penedo, Director de Área de Competitividade do IGAPE

 

        ·    Carlos Álvarez Morales, Socio Legal y Tributario PwC Galicia.

 

        ·    Ángel Ares Patiño, Xerente Sector Público PwC

 

10:15 h:     Os incentivos fiscais ao I+D+i e á explotación de intanxibles

 

        ·    Alejandro Rodríguez : concepto de I+D e innovación tecnolóxica. Delimitación. Consultas da DGT

 

        ·    Sabela Alonso: Métodos de cálculo, opcións de aplicación e posibilidade de monetización

 

        ·    Rosana Rodríguez: Patent box. Concepto, requisitos e cálculo da redución

 

12:15 h:     Coloquio-Debate

 

 

Organiza: PWC / IGAPE

 

Jueves 4 de Junio a las 9.30 horas.