XORNADAS RE-ACCIONA DE XESTIÓN EMPRESARIAL: ASPECTOS XURÍDICOS E FISCAIS, CLAVE DO PROCESO DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL.

Publicada el 02/07/2015

Na situación de recuperación actual, moitas das mellores oportunidades para as nosas empresas encóntranse no exterior: mentres o mercado interior está a avanzar pouco a pouco, o mundo segue crecendo a máis velocidade. Non obstante a internacionalización é un proceso moi complexo dende o punto de vista de negocio pero tamén dende o punto de vista do ámbito legal, fiscal ou laboral. Á parte dos retos financeiros e culturais, non debemos esquecer que en todo proxecto de internacionalización existen importantes aspectos legais e fiscais, algúns dos cales teñen unha influencia tan significativa que poderían carrexar o éxito ou fracaso da nosa misión.

Coñecer se existe un Tratado Bilateral de Protección Recíproca de Investimentos subscrito co país dende o que se inverte, que asegure ao investidor un tratamento non discriminatorio respecto ao recibido pola empresa local é clave.O mesmo que un bo contrato de Joint Venture cando se entra nun mercado exterior cun socio-local pode mitigar os riscos e multiplicar os beneficios dunha experiencia internacional. A cuestión impositiva converteuse no curso das últimas décadas en esencial de cara á propia viabilidade dun determinado proxecto. En efecto, as consecuencias tributarias definen de forma obxectiva as posibilidades de facer negocios internacionalmente.

Resulta imprescindible que o correspondente plan de negocio considere coa debida precisión todas as consecuencias fiscais materiais derivadas no país de destino da realización da actividade proxectada de acordo coa fórmula xurídica seleccionada. Frecuentemente as consecuencias tributarias condicionan e determinan a fórmula xurídica máis axeitada para conducir o negocio. Trátase dunha circunstancia especialmente relevante en relación con ordenamentos que non sexan debidamente neutrais e que favorecen unha fórmula concreta de establecemento fronte a outras figuras. Así, por exemplo, podemos encontrarnos con ordenamentos que graven con maior severidade á filial que á sucursal, o cal condicionará indubidablemente a opción por unha ou outra fórmula legal.

O equipo de profesionais de PwC, expertos nas diferentes materias, expoñerá de forma práctica os riscos e dará pautas e recomendacións sobre as actuacións a realizar.

 

Organiza: PWC / IGAPE

 

Jueves 2 de Julio     PROGRAMA

 

                                10:00 h.     Recepción de asistentes e café de benvida.

                                10:30 h.     Presentación.

                                10:35 h.     Introdución ó Programa Re-Acciona do IGAPE. 

                                                  Ángel Ares Patiño, Xerente sector público PwC

                                10:50 h.     Aspectos legais clave da internacionalización. 

                                                  Carlos Javier Rodríguez Pereira, Socio Responsable Área Legal e Fiscal PwC Galicia. 

                                                  Fernando Varela, Director Área Legal PwC Galicia

                                11:15 h.     Aspectos fiscais clave da internacionalización. 

                                                  Alberto López Gómez, Experto fiscal PwC

                                11:40        Aspectos laborais clave da internacionalización.

                                                 Carmen María Rodríguez Vázquez, Experto en dereito Laboral PwC

                                12:00        Coloquio-Debate

                                12:10        Clausura

 

INSCRICIÓN

 

Xornada gratuíta ata finalizar prazas dispoñibles.

 

Inscrición en http://www.igape.es/es/xornadas